img
 

Ruta Miradoiro da Terra Chá

 

 

DESCRIPCIÓN:

Miradoiro da Terra Chá é unha ruta que combina etnografía e natureza, nun percorrido que une a parroquia de Gaioso coa de Francos. A ruta comeza no lugar de A Feira, que acolleu a feira da parroquia de Santiago de Gaioso ata mediados do século XX. Ao redor do antigo campo da feira que aínda conserva a súa carballeira, poderemos ver un interesante conxunto etnográfico de vivendas tradicionais en granito (moitas delas acollían ás antigas tabernas) e outras edificacións típicas (hórreos, leñeira, e un cruceiro do ano 1900). O camiño continúa por corredoiras ata chegar a Casa da Barreira, antiga casa grande con orixes a finais do s.XVI, un bo exemplo de arquitectura chairega agraria (casa principal rectangular, compacta e moi ampla, edificacións adxacentes como a palleira, forno, hórreo…). Seguindo o sendeiro pasamos pola pontella de Portamelle e o muiño de Lousado, que aínda conserva as súas pezas no interior. Despois dunha pequena subida poderemos facer unha pausa na área recreatíva de Penas de Rodas, onde se atopan as dúas moles graníticas que lle dan nome, fonte de varias lendas locais relacionadas con tesouros agochados. Dende aquí ascenderemos ata a Cruz de Paraños para alcanzar a cota de maior altitude pola que pasa a ruta (614 m), un dos puntos máis elevados do municipio e fantástico miradoiro natural dende o que , nos días de boa visibilidade, poderemos apreciar boa parte da zona central da provincia de Lugo. Realizaremos a baixada por unha pista forestal entre pinos e eucaliptos ata chegar á aldea de Susavila , e finalmente alcanzaremos o punto de chegada situado na área de descanso a carón da igrexa de Francos, sinxelo pero fermoso templo que conserva restos románicos.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

12.476 km.

Duración estimada:

03:30:00

GALERÍA DE IMAXES:

VIDEOS: