img
 

Ruta das Insuas do Miño

 

 

DESCRIPCIÓN:

Pequena ruta circular de unha lonxitude aproximada de 5km e de escasa dificultade, na que percorreremos as denominadas Insuas do Miño (illas que se forman no leito do río). Atopámonos nun espazo natural protexido de alto valor medioambiental, que forma parte da zona núcleo de Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e da Zona Especial de Conservación (ZEC) “Parga-Ladra-Támoga”. A ruta parte dunha área recreativa situada na marxe dereita do río Míño, ós pes da Ponte Vella, marabillosa ponte medieval do século XIV con arcos oxivais. Dende aquí seguimos un antigo sendeiro de pescadores río arriba, baixo a sombra das árbores de ribeira como ameneiros, freixos e bidueiras. O percorrido permite coñecer algunhas destas illas, como a Insua Pequena e a Insua de Santa Mariña (tamén chamada de Abaixo), cuxos interiores poden percorrerse gracias a pequenas pontes de madeira que as comunican. A máis grande é a coñecida como Ínsua de San Roque, que é de acceso restrinxido. No noso percorrido atravesaremos antigos camiños agrarios, verdes zonas de pastizais e as fragas autóctonas de carballos e acivros. Tamén poderemos ver elementos etnográficos singulares como o caneiro e muiño de Felpás, ou a antiga Fonte da Pinguela. O sendeiro atópase ben conservado e debidamente sinalizado, con paneis interpretativos que nos permitirán coñecer a rica flora, fauna, habitats e paisaxes da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

4.5 km.

Duración estimada:

01:15:00

GALERÍA DE IMAXES:

Folder Gallery Error: No picture available inside wp-content/uploads.