img
 

RUTA DA INSUA DE SEIVANE

 

 

DESCRIPCIÓN:

A ruta da ínsua de Seivane é unha das impresionantes rutas do concello de Outeiro de Rei. Sinxela, axeitada para facer con nenos ao carecer de dificultade algunha, de curto percorrido e de beleza espectacular.
A ínsua de Seivane é un illote dentro do río Miño ao que se accede a través dunha ponte colgante, co que empezamos cunha experiencia bastante divertida para todos os públicos. Unha vez dentro da illa atopámonos cunha área de descanso equipada con bancos, mesas e grellas onde podemos parar un intre a repor forzas ou pasar o día enteiro gozando da illa.
A ambos os dous lados da ponte atopámonos co carreiro de pescadores que rodea a illa, co que podemos empezar a ruta indistintamente cara á dereita ou cara á esquerda xa que ao ser circular chegaremos sempre ao punto de partida.
Á vez que avanzamos polo carreiro, acompañados polas augas do río Miño, podemos gozar dun marabilloso bosque autóctono infestado de carballos, freixos e acivros que conviven cos xuncos e infinidade de florciñas salvaxes.
O canto dos paxaros e o son das ras e os peixes saltando no río será a banda sonora do noso paseo, xa que pouco máis enturbará a nosa aventura.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

1.5 km.

Duración estimada:

00:30:00

GALERÍA DE IMAXES: