img
 

– Outeiro de Rei –

 

CONCELLO:

Pulsar para ir a la ruta

Premer para ir ó Concello

Na Comarca de Lugo, e a tan só 11 Kms. da capital da provincia, áchase Outeiro de Rei, bello municipio no que o Pai dos ríos galegos, o Miño, forma a seu paso illas fluviais como as de Travanca, do Pazo, Seivane ou San Roque, embelecendo de maneira proverbial a paisaxe.

A beleza paisaxística é un dos principais atractivos do municipio, sen embargo o patrimonio histórico artístico é enorme. Do pasado dan fe abundantes restos arqueolóxicos como os castros. Interesantes son as mostras de arquitectura civil, algunhas da Edade Media como as fortalezas de Outeiro de Rei, Taboi e Sobrada, que foron testigos de no poucos sucesos baixoomedievais. A casa-torre de A Barreira en Santiago de Gaioso data do ano 1575. Ao lado da igrexa de Outeiro de Rei, está a Casa Forte de Outeiro, tamén chamada “casa da señorita”. Hay outras casas solariegas e pazos ademáis das mostras de arquitectura popular, seus molinos e palomares.

A arquitectura relixiosa, ten a súa representación en cada unha das parroquias, ata un total de 27, en todo o municipio. Destaca a igrexa de Martul con ábside románico co interior de bóveda de cañón e cuarto de naranxa e ao exterior contrafortes e decoración na saetera, os seus retablos son neogóticos. A de Outeiro de Rei, do século XVIII, acolle na capilla de San Ramón un retablo barroco.

Outeiro de Rei, está considerado como área de residencias secundarias dada a beleza do municipio e a súa cercanía a Lugo. Existen en todo o término, multitud de opcións que farán disfrutar ao visitante, como os paraxes a orillas do Miño en O Piago e o Campo de Sta. Isabel, rodeados de frondosa vexetación, que ademáis permiten a práctica dos deportes fluviais, ou a área recreativa de Penas de Rodas en Gaioso, que debe o seu nome ás dúas orixinais moles graníticas que, desde o seu elevado emplazamiento a 619 metros, dominan unha amplia panorámica da penillanura chairega. Tamén, o Club de Campo e o Club de Tiro de Bonxe supondrán outro reclamo máis para o visitante. O verán é a mellor época para visitar o concello onde os aficionados á pesca contan con cotos troiteros nos ríos Miño, Ladra e Narla. En Parada existe un refuxio.

Hay muoitos lugares interesantes que visitar para todos os gustos. Desde espacios naturais e rutas de senderismo a parques para os amantes dos animais ou talleres artesanais da olería de Bonxe, unha das máis importantes de Galicia. Os seus principais ríos son o Miño e o Ladra, que cruzan o concello de norte a sur, e o Narla, outro dos afluentes do Miño.

E para o que lle gusten os animais hay dous lugares de referencia en Outeiro de Rei. Un é o Parque Zoolóxico Ornitolóxico Avifauna, no que podemos ver máis de 600 aves. E outro é o Zoo de Marcelle, cerca de este último a o outro lado do Miño, no que veremos animais de diferentes especies. Sen ir moi lonxe do zoo, hay dous puntos de interés no río Miño. O Salto do Piago, un bonito lugar ao cal acudir en verán a bañarse e ver o salto de agua e a ínsua de Seivane, na cal paseamos polo seu sendeiro de pescadores, pasamos o día no seu merendeiro e cruzamos o ponte colgante de Parada.

FESTA DE CARNAVAL (Outeiro de Rei): Domingo de carnaval.

ROMERÍA EN HONOR Á VIRXE DOS DOLORES (Robra): Fin de semán e luns de Pascua.

ROMERÍA EN HONOR A SANTA ISABEL (Outeiro de Rei): Primer fin de semán de Xullo.

FERIA DE ARTESANÍA (Outeiro de Rei): Primer sábado de Xullo.

ROMERIA DE PENAS DE RODAS ( Gaioso): : Domingo anterior ao 12 de Agosto.

ROMERÍA EN HONOR Á VIRXE DAS ANGUSTIAS (Arcos): Fin de semán coincidente ou posterior ao 14 de Septembro.